Obxectivo do applet
Construír unha recta e varias parábolas próximas a unha nube de puntos.
Datos de entrada
Os puntos para o cálculo do axuste poden ser introducidos polo usuario directamente sobre a gráfica unha vez pulsado o botón cun círculo azul e unha A ou ben por teclado.
Botón "Calcular".
Botón "Reiniciar applet".
Botón "Avaliar".
Marxe para controlar a visualizacion dos eixes dende os puntos dos extremos.
Datos de saída
A recta e as parábolas resultantes do axuste xunto coa súa expresión.
O coeficiente de correlacion de pearson.
As avaliacións dos axustes no punto desexado.
Observacións
Unha vez feito un cálculo pódense arrastrar os puntos pincando sobre eles tras seleccionar a ferramenta de desprazamento(icona do punteiro do rato).
Primeiros pasos
- Debuxa unha nube de puntos e calcula todos os axustes dispoñibles. Pica na icona da frecha e modifica as posicións dos puntos para observar como cambian os axustes. Analiza cal dos puntos ten máis peso nas modificacións.
- Debuxa 4 puntos aliñados e calcula os polinomios de regresión.