Obxectivo do applet
Obtención dos datos máis representativos dunha matriz cadrada.
Datos de entrada
Pódese crear unha matriz aleatoria pulsando Matriz Aleatoria
O botón Analizar despregará unha ventá cos datos da matriz.
O usuario poderá indicar a orde da matriz, así como o número
de díxitos das celas, dende o bloque de Análise.
Datos de saída
O applet presentará a seguinte información da matriz orixinal:
Autovalores.
Normas: un, dous, Frobenius e infinito.
Determinante, rango e condicionamento con norma 2.
Se é simétrica e definida positiva.
Primeiros pasos
1.- Escribe unha matriz simétrica. Comproba que os seus autovalores son reais.
Modifica os seus valores para que sexa definida positiva.
2.- Constrúe unha matriz de orde 3 cuxos autovalores non sexan todos reais e observa que son conxugados dous deles.
Cambiando algúns coeficientes analiza como cambian os autovalores,
¿ten algunha relación co cambio do condicionamento da matriz?