Obxectivo do applet
Interpretar xeométricamente unha ecuación diferencial de primeira orde e aproximar unha solución mediante o método de Euler.
Datos de entrada
Por teclado:
- Valor do paso h
- Valor de A
- A ecuación diferencial que se desexa aproximar.
- Para mostrar a representación na gráfica pulsarase o botón "Debuxar Euler".
Sobre a gráfica:
- Os deslizadores "lonxitude" e "densidade".
- O deslizador "h".
- O punto A pódese arrastrar.
Datos de saída
Campo de vectores
Aproximación mediante o método de Euler.
Observacións
O botón "Debuxar Euler" transportará á gráfica os datos introducidos por teclado.
O botón "Calcular táboa" realizará os cálculos tomando os datos introducidos polo teclado. O menú da tabla es retráctil, xa que pode alcanzar un tamaño molesto.
Primeiros pasos
- Debuxa o campo de vectores asociado a y' = y.cos(x). Mediante o rato cambia o punto de inicio A para ver cómo cambia a traxectoria.
- Sabemos que y = sen x é solución de y'= cos x, y(0)=0. Debuxa a aproximación de Euler e disminúe o paso h para ver se mellora a aproximación.
- Consideramos y'=2*x*y - 1/x, y(0.2) = 0.1. Localiza unha rexión de forma que variando o punto de inicio cambia cualitativamente a aproximación.