Obxectivo do applet
Observar a composición de dúas funcións dunha variable.
Datos de entrada
- As funcións f e g para crear unha composición.
- Punto A para avaliar a función.
Datos de saída
As gráficas das funcións f, g e f(g) e o valor no punto A de f, g e f(g)
Primeiros pasos
- Escribe dúas funcións e realiza a súa composición. A continuación faino na outra orde.
Busca 2 exemplos nos que coincidan e outros 2 nos que non coincidan.
- Busca dúas funcións cuxa composición estea definida soamente na orixe.
- Dada f(x)=x^2, busca g de tal modo que f(g(x))=x.
Se intercambias os papeis de f e g, que acontece?
Analiza se o resultado do applet é o correcto.