Obxectivo do applet
Entender o concepto de cuartil.
Datos de entrada
- Puntos sobre o eixe X sobre os que calcularemos o diagrama de caixa. Se os introducimos por teclado teremos a opción
de escoller a frecuencia (fi) coa que aparecerá cada punto Xi.
- Decimais aos que se aproximará o cálculo dos cuartís.
- Marxe para controlar a visualización dos eixes dende os puntos dos extremos.
- Botón "Reiniciar applet".
Datos de saída
O diagrama de caixa.
O valor dos cuartís.
Primeiros pasos
A partir dunha serie de 8 puntos, pica co rato na frecha e proba a variar de posición os puntos.
Observa os cambios nos cuartís.