Obxectivo do applet
Interpretar xeométricamente as aproximacións dunha raíz construídas mediante o algoritmo. Analizar a converxencia segundo os datos de entrada.
Datos de entrada
Por teclado:
- Expresión (con variable x) da función f.
- Extremos do intervalo [a,b] onde se aplica o algoritmo.
- Erro relativo máximo e máximo de iteracións.
Ventá gráfica:
- Intervalo no que se aplica o algoritmo, movendo os extremos co rato.
Datos de saída
Representación gráfica de f(x) e das distintas aproximacións que se van obtendo.
Táboa de aproximacións e erro relativo asociado.
Primeiros pasos
No exemplo de inicio, cambia o erro máximo ou o máximo número de iteracións para comprobar como mellora a aproximación.
Cambia o intervalo movendo os puntos a e b. Que ocorre se dentro do intervalo non hai ningunha raíz? Que ocorre se hai máis dunha? Existe algunha diferencia se o número de raíces é par ou impar?
Proba a función cos(x), cambiando o intervalo e observa o comportamento do algoritmo.