Obxectivo do applet
Mostra unha distribución normal a partir da media e da desviación típica.
Datos de entrada
- Media e desviación típica Nos deslizadores correspondentes,
co rato escóllense os valores, e nos formularios.
- Delimitadores de cálculo da probabilidade: Na gráfica móvense
os puntos de cor azul mediante o rato.
- Botón "axustar vista"
- Xerar unha normal aleatoria co fin de que o usuario, modificando a normal principal, consiga obter µ e σ desta.
Datos de saída
O applet amosará a distribución normal cos parámetros indicados,
marcando a rexión que cobre a probabilidade pedida e o seu valor.
Primeiros pasos
- Representa a normal N(-2,3). Mediante os deslizadores cambia os valores da media e desviación típica observando o comportamento da gráfica.
- As estaturas dunha poboación de rapaces segue a distribución N(170,6). Calcula a probabilidade (165 < x < 180).
- Xere unha normal aleatoria e probe a modificar µ y σ ata que as dúas funcións da gráfica se solapen.