Analizar diferentes medidas de centralización e dispersión
Datos de entrada
Táboa de puntos representados por barras cuxas alturas son os valores (xi) e anchuras son as frecuencias (fi) sobre a que
calcularemos as diferentes medidas. Poderemos introducilos por teclado ou de xeito aleatorio (randomize).
Marxe para controlar a visualización dos eixes dende os puntos dos extremos.
Botón "Reiniciar applet".
Datos de saída
Media (barra horizontal)
Mediana (barra vertical)
-Se é par:
-Se é impar:
Moda (barra/s de cor azul)
Rango (barra vertical)
Varianza (suma dos cadrados das distancias dos puntos (xi) á media)
Desviación típica
Observacións
Unha vez feito un cálculo pódense cambiar os valores (xi) arrastrando os puntos picando sobre eles tras seleccionar a ferramenta de desprazamento(icona do punteiro de rato).
Tamén é posible cambiar as frecuencias, para iso pica no interior de cada rectángulo e desliza o rato con suavidade.
Primeiros pasos
Constrúe unha táboa de 6 datos. Pica co rato nun dos rectángulos e proba a variar o seu valor e a frecuencia.
Que observas nas distintas medidas cando aumentas a frecuencia dun dato ata fi= 12 por exemplo?
Se agora movemos considerablemente un valor xi, cómo cambian as variables.
Sexa a táboa formada por xi= 8 i=1,.., 5, cómo tes que cambiar co rato os valores para manter a media? Analiza
nese caso os cambios nas demáis medidas.