Obxectivo do applet
Representar gráficamente funcións dunha variable definidas a anacos ou simples (unha única expresión).
Datos de entrada
- Función simple:
Introducir a expresión dependente de 'x' e pulsar 'Enter' para que se actualice a gráfica
- Función definida a anacos:
Trátase dunha función composta por dous tramos (as funcións g e h) e un punto intermedio(A(b,c)).
Estos compoñentes pódense definir da mesma forma que a función simple.
Ademais pódese transportar o punto A pola gráfica arrastrándoo co rato.
- Opcións:
Pódese seleccionar a opción de amosar/ocultar a reixa para orientarse.
Ó arrastrar calquera punto pola gráfica, este tenderá a quedar fixo nos valores enteiros.
Datos de saída
A gráfica representa as funcións dependentes da variable "x" segundo se desexe mostrando ben a función simple ou a definida a anacos.
Desprega etiquetas informativas coa definición destas e o valor do punto A(a,b) en tempo real.
Primeiros pasos
- Traballando coa función simple do exemplo, podes desprazar verticalmente o grafo co rato e observar como cambia a expresión de f. Que acontece cando desprazas a gráfica horizontalmente?
- Se despregas o bloque "función a anacos" podes deslizar o punto vermello A sobre a gráfica ata que evites o salto na función. Obtén 2 valores da para os que hai continuidade da función.
Obtén 2 valores de A para los que hay continuidad de la función.