Obxectivo do applet
Analizar a variación do grafo de funcións dunha variable, x, segundo un parámetro, k, do cal dependen.
Datos de entrada
O usuario define a función dependente da variable 'x' e o parámetro k para ser representada.
Botón de comezo/pausa de animación (varía o parámetro 'k'), situado na esquina inferior esquerda da ventá gráfica.
Extremos do intervalo de definición da función.
Deslizador do valor k.
Datos de saída
A función definida.
Animación do parámetro 'k'.
Observacións
Co botón no modo comenzo o valor de k varía entre -10 e 10.
Os extremos do intervalo de definición da función pódense arrastrar ao longo do eixe X.
Primeiros pasos
- Representa cos(k*x). Para que valores do parámetro k se obteñen máis cristas? Podes realizar a animación facendo click sobre o triángulo inferior esquerdo da zona gráfica. Debuxa k*cos(x), cal é a diferenza entre ambas as dúas gráficas?
- Analiza a gráfica de x^k no intervalo (0,1) e no intervalo [1,2] segundo os valores de k. Pódense mover os extremos A e B mediante o rato.