Obxectivo do applet
Este applet permite realizar transformacións nunha
imaxe utilizando matrices sobre os puntos que a definen.
Datos de entrada
Podremos realizar as seguintes transformacións:
- Modo libre: Permitiranos mover os puntos que definen a imaxe
libremente, observando como se modifica esta.
- Modo composición: Permitirnos encadear transformacións, observando todas elas de maneira simultánea.
- Orixinal: Volve o seu estado inicial.
- Reflexión sobre o eixe X e Y, y=-x e con respecto ao orixen.
- Proxección sobre OX e OY.
- Contracción/expansión vertical e horizontal utilizando para iso os deslizadores.
- Trasquilado horizontal
E mostraranse dúas imáxenes. A da dereita corresponderá á imaxe na súa posición
y tamaño orixinal e a da esquerda será a imaxe na que se realizarán os cambios.
Datos de saída
A imaxe da dereita modificada coa transformación aplicada.
E mostrarase a matriz empregada para realizar a última transformación.
Primeiros pasos
- No modo libre move os puntos da imaxe ata que teña forma de rombo.
- Realiza as transformacións necesarias para que a imaxe se sitúe no cuadrante oposto e de forma inversa á orixinal.¿Cal sería a matriz aplicada resultante?
- Contrae a imaxe horizontalmente ata que sexa a metade.