Obxectivo do applet
Aproximar a integral definida dunha función nun punto mediante os algoritmos de punto medio, trapecio e Simpson, visualizando graficamente as construcións respectivas.
Datos de entrada
A función a representar, os extremos do intervalo de
integración (a e b) e o número de subintervalos que se tomarán(n).
Para seleccionar que método de integración se desexa mostrar hai tres caixas na gráfica.
Botón de animación do valor de n situado na esquina inferior esquerda da ventá gráfica.
Datos de saída
Representación gráfica da función definida xunto coas áreas
correspondentes ós métodos de integración de Punto Medio, Trapecios ou Simpson(segundo estean ou non marcadas as súas caixas).
Valor numérico da integración de cada método.
Valor de h (lonxitude do subintervalo).
Animación do valor de n.
Primeiros pasos
- Aproxima a integral de f(x) = sin x en [0,pi]. Desliza n mediante o rato para os 3 métodos, cal se estabiliza antes?
- Se consideras y= x^2 -3, que valor n necesita Simpson para calcular a integral de forma exacta? Sucede o mesmo con y=x^3?