Obxectivo do applet
Interpolar mediante unha recta a partir de dous puntos e mediante unha parábola se dispoñemos de tres puntos.
Datos de entrada
- Interpolación lineal: Coordenadas de dous puntos.
- Interpolación cuadrática: Coordenadas de tres puntos.
Datos de saída
- Interpolación lineal: Expresión e debuxo da recta de
interpolación. Tamén un terceiro punto (de cor azul) que, ao ser arrastrado
sobre a recta, permite a interpolación nun valor concreto de x.
- Interpolación cuadrática: Expresión e debuxo da parábola
ax^2 + bx + c de interpolación, mostrando un sistema que leva consigo o cálculo
dos coeficientes da parábola. Tamén un cuarto punto (de cor azul) que,
ao deslizar sobre a gráfica, permite a interpolación nun valor
concreto de x.
Primeiros pasos
- Constrúe a recta que pasa por P=(-1,0) e Q=(4,1) para interpolar o valor en x=2. Mediante o rato cambia os valores de P e Q e observa como cambia a imaxe en x=2.
- Constrúe a parábola que pasa por A=(-1,0) e B=(2,-1) e C=(3,4) para interpolar o valor en x=0.
- Debuxa 3 puntos aliñados e trata de construír unha parábola que pase polos 3. Cal é a solución neste caso?