Obxectivo do applet
Representar gráficamente as operacións suma, resta, producto e división dos números complexos.
Datos de entrada
Arrastrando os puntos Z1 e Z2 no gráfico cambiamos o seu valor.
Datos de saída
- Os resultados da resta, suma, multiplicación e división en distintas cores (verde, azul, vermello e amarelo respectivamente).
- Módulo de Z1
Primeiros pasos
- A unidade imaxinaria é i=(0,1). Comproba i2= -1. Calcula i3,i4...
- Dado o complexo z1=(3,2) busca z2 para que z1+z2 sexa un número real. Comproba que neste caso z1.z2 é o módulo de z1 ao cadrado.
- Se divides un número real entre outro real o resultado, loxicamente, tamén é real. Encontra outro caso no cal o resultado z1/z2 sexa un número real (é dicir a segunda coordenada vale 0).