Obxectivo do applet
Calcula a recta de regresión mediante o procedemento de mínimos
cadrados. Así, é necesario introducir por teclado as coordenadas
dos puntos ou ben picando co rato directamente na gráfica.
Poderá tamén avaliar a recta no punto que desexe.
Datos de entrada
Os puntos para o cálculo de regresión poden ser introducidos
polo usuario de dúas formas distintas:
- Por teclado mediante as coordenadas: Na táboa
que se presenta á esquerda, o usuario pode introducir tódolos
puntos que desexe.
- Sobre a gráfica mediante o rato: Unha vez
pulsado sobre o botón do círculo azul cunha A sobre el, o usuario
poderá introducir tódolos puntos que queira pulsando na posición
desexada na gráfica.
En ambos os dous casos é necesario que despois da introdución dos
puntos púlsese sobre < b>Calcular recta.
Ademais, dende o menú Avaliar nun punto, o usuario ten a
posibilidade da avaliación da recta resultante nun punto calqueira.
Datos de saída
Ademais dos puntos, a gráfica presentará a recta resultante,
xunto coa súa expresión. No caso de que o usuario avalíe a recta
nun punto, este punto tamén se representará.
Amósase o valor da porcentaxe de axuste da recta, R
Primeiros pasos
- Debuxa mediante o rato varios puntos sobre a gráfica, a continuación, calcula a recta de regresión. Aparece o coeficiente R de regresión en %. Se agora pulsas a frecha co rato e cambias de posición algúns puntos, ao calcular de novo a recta cambia R. Como tes que mover os puntos para aproximarte ao 100%?
- Considera a recta y= 2 x -3. Dando valores introduce estes puntos na táboa de puntos e calcula a recta de regresión para comprobar que é a de partida.
- As estaturas en cm. de 5 rapazas da mesma idade veñen dadas por X={158,162,172,174,178} e as das súas nais Y={163,155,175,166,178}. Obtén a recta de regresión e utilízaa para estimar a altura da nai dunha rapaza de 170 cm.