Obxectivo do applet
Este applet permite resolver un sistema de ecuacións mediante
o método de Gauss, podendo ver o resultado por Gauss, ou directamente
a obtención das solucións.
Ofrece tamén a posibilidade de obter a matriz inversa da indicada,
a través do método Gauss-Jordan. Ao igual que o caso anterior, permite
ver o resultado dos procesos de Gauss e de Jordan, así como o resumo
final coa solución.
Datos de entrada
Resolución do sistema AX=B
- Matriz de coeficientes, A
- Vector de termos independentes, B
Cálculo da matriz inversa
- Matriz de coeficientes, A
Para ambos os dous casos, o botón Calcular do bloque correspondente
despregará os bloques de Gauss, Jordan se procede, e a solución.
O usuario poderá indicar a orde da matriz, así como o número
de díxitos das celas, dende o bloque de Configuración.
Datos de saída
O applet presentará, no bloque que corresponda, os seguintes datos:
- resultado da aplicación de Gauss
- resultado da aplicación de Jordan, se procede
- solución buscada
Se se introduciu algún dato mal na matriz de entrada,
éste será resaltado cun borde vermello.
O applet tamén avisará ao usuario se introduciu un sistema
incompatible ou compatible indeterminado.
Primeiros pasos
- Escribe un sistema 3 de ecuacións que teña unha única solución.
- Constrúe un sistema cuxa solución sexa (1,2,3). Calcula a matriz inversa de A e verifica que ao multiplicala polo vector de termos independentes obtes a solución.
- Encontra un sistema que non sexa compatible determinado e outro cuxa única solución sexa (0,0,0).