Obxectivo do applet
Resolver sistemas de ecuacións mediante métodos basados no gradiente.
Métodos implementados: Máximo Descenso, Gradiente e Gradiente Conxugado.
Datos de entrada
- Matriz de coeficientes, A
- Vector de termos independentes, b
- Número máximo de iteracións.
- Erro máximo permitido.
- Aproximación inicial da solución.
- O paso do metodo do Gradiente, o parámetro "α".
- O precondicionador P. Aplícase nos metodos de Gradiente e Gradiente Conxugado.
O botón Calcular fará a resolución do sistema mediante os métodos de Máximo Descenso, Gradiente e Gradiente Conxugado.
O usuario poderá indicar a orde da matriz, así como crear unha matriz A e un vector b calesqueira pulsando
o botón "Matriz Aleatoria".
No menú de Opcións se pode escoller o tamańo das celas.
Datos de saída
O applet presentará, para cada método, os seguintes datos:
- Táboa de resultados intermedios e erros relativos calculados con norma 2.
- Solución obtida.
- Representación gráfica do erro obtido para cada método.
Se se ha introducido algún dato mal na matriz de entrada,
éste será resaltado cun bordo vermello.
Primeiros pasos
- Escribir o sistema de ecuacións:
3x - y + z = 1
-x + 6y + 2z = 0
x + 2y + 7z = 4
Probar con distintos erros máximos e distinto número de iteracións.
Observar que método converxe máis rápido á solución.
Variar os parámetros α e P, e observar como cambia a converxencia. Que valor de α mellora a converxencia?