Obxectivo do applet
Representación de series numéricas.
Datos de entrada
O usuario define a serie numérica a representar (en función de n) e os seus límites.
Datos de saída
Representación da serie numérica.
Representación da suma acumulada.
Suma dos k termos da serie.
Representación da converxencia da serie.
Observacións
O usuario poderá seleccionar que datos de saída amosar.
Poderase axustar a vista gráfica á serie ou á serie e a súa suma acumulada.
Criterio de converxencia:
-Se a converxencia tende por debaixo de 1 a serie converxe.
-Se a converxencia tende a 1 o criterio de converxencia non decide.
-Se a converxencia tende por enriba de 1 a serie non converxe.
Primeiros pasos
- Encontra o termo xeral da serie 1 + 1/2 + 1/4 + 1/8 +... Calcula a suma dos primeiros 10 termos e mediante el rato cambia k ata que se mostre sempre o mesmo valor da suma, cal é?
- Calcula a suma dos primeiros termos da serie cuxo termo xeral é n/(n+1). Se ves a súa representación observarás que non se aproxima a 0, de modo que ao aumentar k non vemos que se aproxime a un número fixo.
- Escribe unha serie alternada (o signo vai cambiando) de modo que a suma dos seus termos se aproxime a un valor.