Obxectivo do applet
Este applet permite ao usuario ver graficamente un sistema de
ecuacións, e os posibles casos derivados, a saber:
- Unha única solución: Sistema compatible determinado.
A equivalencia gráfica é que as rectas son secantes nun punto.
- Infinitas solucións: Sistema compatible indeterminado.
A explicación gráfica é que as rectas son iguales.
- Non hai solución: Sistema incompatible. A explicación gráfica
é que as rectas son paralelas.
Datos de entrada
Os coeficientes das dúas ecuacións, no apartado do menú Definir
as ecuacións.
Datos de saída
A gráfica presentará as dúas rectas debuxadas, e en caso de ser
secantes, presentará tamén o punto de corte.
Ademáis mostrarase o tipo de sistema definido (compatible,
compatible indeterminado ou incompatible), e de existir solución(s),
ésta(s) tamén se mostrará(n).
Primeiros pasos
- Partindo do sistema do exemplo do applet, multiplica unha ecuación por 2, cambia a solución?
- Escribe as ecuacións de dúas rectas paralelas e distintas e comproba que non hai solución.
- Considera unha recta e multiplica tódala ecuación por 3, o sistema de ecuacións resultante de que tipo é?