Manexar os conceptos asociados ás progresións aritméticas e xeométricas.
Sucesións aritméticas: O usuario introduce os coeficientes b e c que define o termo xeral e n, nº de termos a representar.
Sucesións xeométricas: O usuario introduce os coeficientes d e r (razón) que definen o termo xeral e n, nº de termos a representar.
Representación da sucesión seleccionada.
Suma dos termos 0,1,...,n da sucesión.
Calcula a suma dos primeiros 101 termos da sucesión aritmética de termo xeral 2n+3. Cambia un coeficiente de modo que os termos vaian disminuíndo.
Constrúe o termo xeral da sucesión xeométrica: 4, 2, 1, 0.5,... Calcula a suma dos primeiros 101 termos. Mediante o deslizador aumenta n ata 200. Cara a que valor se aproxima?
Representa unha serie xeométrica de razón negativa. Varía r mediante o deslizador para n=200. Que intervalo da razón presenta valores de an achegándose a 0 ao aumentar n?