INVESTIGACIÓN

EHF 2010

Dende o ano 1984 vén desenvolvendose con carácter bienal unha serie de Escolas Hispano-Francesas sobre Simulación Numérica en Física e Enxeñería, onde se reúnen profesionais, investigadores e estudantes no ámbito dos métodos numéricos. 

Os seus principais obxectivos son:

  • Iniciar na investigación ás persoas interesadas na Matemática Aplicada, en concreto nas liñas de modelización matemática e simulación numérica que se están desenvolvendo en España y Francia.
  • Servir de punto de encontro entre investigadores, profesores, técnicos da industria e mozos titulados de ambos os dous países.
  • Mostrar os usos actuais da simulación numérica na industria, en empresas españolas e francesas.

Na dirección http://dm.udc.es/ehf2010 pode consultarse o programa completo.